Quantcast
Channel: Versos e Aloumiños
Viewing all articles
Browse latest Browse all 1127

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (IV)

$
0
0



FRAN ALONSO  ( Vigo, 1963)

Eu vivín nunha cidade de iogur
con rúas de marmelada.
E edificios doces coma caramelo.
E nunha de ladrillo
con rúas de cemento,
e edificios fríos coma o vento.
E nunha de esparto
con rúas de manteiga,
e edificios porosos coma feno.
Eu vivín en todas as partes,
habitante do tempo.





Estudei nun pupitre de auga gorda
nunha escola onde o mar.
E no recreo ía pescar luras
na chalupa do meu avó.
Aprendía a escribir nunha clase pequena,
de persianas de sal.
No encerado nacían peixes,
e gamelas nos ollos do profesor.
Os meus compañeiros eran xoubas
e eu un tiburón.
O mar anegaba as rúas da cidae,
e tiñamos que nadar para salvarnos
ata que tocaba, sempre a tempo,
o timbre do recreo.



(Do libro Cidades, editado por Edicións Xerais de Galicia. Col. Sopa de Libros.2013)








Viewing all articles
Browse latest Browse all 1127

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú