Quantcast
Channel: Versos e Aloumiños
Viewing all articles
Browse latest Browse all 1127

MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ E LUZ BELOSO, NA PORTA VERDE DO SÉTIMO ANDAR

$
0
0

Miguel Ángel Alonso Diz
Ás veces, atopas persoas que sabes que senten fondamente todo o que fan.
Ás veces, ves que podes falar con esas persoas e intentas ver todo o que teñen de honradas (literariamente falando, claro) e se poden ou fan cousas interesantes.
E, ás veces, sabes que están loitando por expresar o que levan dentro. Recibilos na túa casa é un deber.
A min, tamén me abriron as portas de casas impensables.E eu correspondo o mellor que sei.
Unha vez que entran con toda a ilusión, e conversamos sinceramente, non apartan os ollos dos moitos recordos que un ten de persoas queridas e que están colocadas por toda a sala.  Pero o deber, dá paso, axiña, á satisfacción de compartir un tempo, que voa, falando de literatura para rapaces/as, da súa importancia, dos proxectos a levar adiante, da actual situación literaria e da vida. Resulta todo un pracer.
E así me ocorreu con Miguel Ángel Alonso Diz. Persoa encantadora, ilusionada, con talento, que está a desenvolver, coa ilustradora Luz Beloso, un proxecto en común de LIX, verdadeiramente atraente.
Pouco o podo eu axudar. Pero quero estar aí, preto.Para o que precise e estea nas miñas mans. Miguel tráeme os seus libros dedicados, cun agarimo especial.Son luminosos.
Paga a pena coñecer a empresa que están levando a cabo estas dúas persoas, polo cativadora que resulta, ademais de como están a desenvolvela para que dea os froitos desexados.Realizan un esforzo enorme e bótanlle unha ilusión difícil de describir.
Eu felicítoos dende aquí. Versos e aloumiños quere ser unha fiestra máis para que Miguel Ángel Alonso Diz nos conte o proxecto, a súa visión da LIX, e todo o que lle apeteza dicir.
Versos e aloumiños sempre estará aberto aos proxectos que queiran acadar a solidez precisa para que funcionen. E se están dirixidos aos pequenos, con máis razón.
Moita sorte, amigos.

    
Velaquí a Historia da lingua da fraga (fragmento)



Os vellos contan 
Miguel Ángel e Luz Beloso
que houbo unha serea
que tiña peixes no cabelo
e prata na pel
que dos seus beizos nacían
fermosas historias
nunha lingua
que non lembraba ninguén.


Contan os vellos
que estaba triste por non
facerse entender, e que por
mor disto fuxiu río arriba
buscando morrer.

Que foi dela?  ...
 


Agora, cómpre ler o texto de Miguel Ángel Alonso Diz, para comprender os desexos deste proxecto compartido con Luz Beloso.




Observo as fotos, os cadros, os debuxos, os libros;  respiro o latexar do tempo pasado, da música, da poesía. Sinto que estou na casa dun poeta e pecho os ollos coa intención de fixar este intre na miña alma.
Ergo as xanelas despois duns segundos e comprobo que segue aí, sentado ao meu carón. Supoño que é normal,  xa que estou na súa casa.
Comezo a falar…

Por que escribir para @s nen@s?
María do Carme Kruckemberg apareceu na miña vida hai 6 anos e lembro, coma se fose  hoxe, a reprimenda que me botou ao ler uns poemas que lle entregara. En realidade foron dúas: por escrito, que gardo con agarimo, e posteriormente outra en persoa.
Eu volvera á vida había uns meses e comezaba a dar os meus primeiros pasos baixo unha luz que fería os meus ollos, tan acostumados á escuridade da morte.
Lembro os seus consellos: "tes que atopar a túa propia voz".
Tardou anos en unir a palabra poeta e o meu nome nunha mesma frase e fixo queaprendese a valorar o oficio da escrita. Todo o seu peso e a súa dificultade.
"Escolle as palabras máis bonitas e cóntalle historias a túa filla". 

E iso fixen e sigo facendo até o día de hoxe. Polo que podo dicir que ela foi fundamental nesa escolla, indubidablemente relacionada co feito de ter unha filla no ano 2009. Xa que isto xerou a necesidade de comunicarme con ela, de crear para ela, de buscar o xeito de facerlle chegar ensinanzas que eu consideraba importantes, e de facelo no noso idioma.
Non consideraba que isto tivese ningunha connotación especial nin que fose  un acto de heroísmo, resistencia, nin compromiso.  Para min era o natural. Logo a realidade demostrou ter outra face.
Hai tamén moito de análise da realidade lingüística e social actual da nosa terra na miña escolla. Asumín o compromiso de crear historias, xa fosen poemas ou relatos, que tivesentodas elas  alma. Non quería, nin quero, caer no estético ou no xogo. Desexaba e desexo incidir na realidade social e axudar a cambiala.
E pensei:  que mellor que dirixirme aos/ás  pequen@s. Traballar con eles, crear para eles. Pensar nese 95 % de galeg@s que medran co galego como unha lingua estranxeira.
Chegado a este punto xa non pensaba só na miña filla, senón n@s fill@s de Galicia.
Escribín algúns poemas e ensineillos ao meu querido compañeiro e amigo Alfonso Láuzara.
“Tes que publicalos, son moi bos” – dixo el decidido.
E despois de falalo xunto a Alberte, decidimos apostar por eles e incluílos nunha iniciativa que puxeramos en marcha dentro de A Porta Verde do Sétimo Andar; os cadernos Q de Vian.
Falamos de Verkami e, unha vez aceptada como unha posibilidade real, comezamos a busca de ilustrador@s. Enviáronme nomes e contactos, pero eu lembreime dunha persoa da que oíra falar na homenaxe feita a Lois Pereiro en Moaña. Unha monfortina chamada Luz Beloso.
Neste vídeo podedes ver como falamos do noso encontro nun intento de achegar a tod@s como foi a nosa experiencia persoal ao redor do Cullarapo.


Só direi aquí que, ademais do enorme talento creativo, artístico, plástico, máxico que ten no seu interior, é unha das mellores persoas que teño atopado neste camiñar meu polo mundo. Dende o inicio, a química entre ambos foi inmediata. Compartimos a mesma visión sobre moitas cousas, e é frecuente estar ás dúas ou tres da mañá falando con ela sobre proxectos, comúns ou non.
Eu declárome Belosiano.
A experiencia ao redor de O cullarapo Croque foi, e segue sendo,  marabillosamente realizadora. Aprendín moito do contacto c@s pequen@s, cos docentes, cos libreiros, cos bibliotecarios e con moitos pais e nais.
Realicei actividades en numerosos centros educativos, bibliotecas… xa que esa era a finalidade do noso Cullarapo. Vivir e medrar nos colexios e bibliotecas xunto aos/ás pequen@s.
Un dos aspectos que tiven en conta foi precisamente o xeito de achegar os valores que latexan no libro aos rapaces e rapazas. Contei coa axuda de amigas como María Francelina, procedente do mundo do teatro, e de Jesús Andrés Tejadae Cecilia Martínez do mundo da música. Achegas todas elas froito da maior das xenerosidades.
Sen esquecerme de Mila Da Aira que arranxou as faltas dos meus textos.

Mencionarei aquí a unha persoa da que nunca falei antes, por non querer empregar o seu nome de ningún xeito durante a promoción do libro en Verkami e a súa posterior distribución e chegada ás librarías.
Xosé Neira Vilas.
El tivo a amabilidade de escribir o limiar de O cullarapo Croque, ademais de aconsellarme algún pequeno cambio nalgún dos versos. Lembro que chorei as primeiras veces que lin o limiar, e sempre lle estarei agradecido por esta mostra de xenerosidade. Ten a humildade dos grandes e iso é algo que non é moi común.
Teño claro que a altura artística dunha persoa non se mide só pola vozda súa obra, senón pola súa propia voz unida a esta. E isto diferencia os bos, dos GRANDES. Exemplos de compromiso e coherencia. Persoas que marcan o camiño que vou seguir.
Un ano despois nace do mesmo xeito A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ.
Neste caso trátase dun relato dirixido aos primeiros lectores. A Luz e a min, seduciunos esta historia que supuña un cambio de rexistro en todos os aspectos, pero sen perder a idea de facerlles chegar aos rapaces e rapazas historias dun alto contido.
Nosoutros pensamos que hai que crear de forma creativa, e atopar no propio proceso un estímulo para seguir medrando como persoas e como creadores.
O proceso foi moi similar ao seguido no cullarapo Croque.  No noso caso non se trata dunha persoa á que lle entregan un texto para que faga un número determinado de ilustracións, sen ningunha ou escasa interacción entre a parte escrita e a ilustrada.
Nosoutros falamos, discutimos, latexamos @s nos@s fill@s entre os dous. Quizais por iso o resultado final é algo diferente, especial. Aínda que isto é a opinión dun pai, pouco ou nada obxectiva.
Neste caso quixen realizar un vídeo sobre o proceso físico máis que persoal de creación do libro para achegar esta realidade @s nen@. E digo quixen, porque Luz non sabía que estaba gravando nas instalacións de Nova Galicia. Logo, de feito, desculpou a miña loucura.


Debodarllesas grazas a C.A. Gráfica eá editorial Nova Galicia Edicións por permitirme gravar.
Xa que menciono a editorial, direi que lle estamos agradecidos por realizar a reedición de O cullarapo Croque. Tamén agradecemos a súa sensibilidade ao respectar a existencia dunha próxima edición dixital con pictogramas destinada aos nen@s con autismo que será de balde, e entender a nosa negativa a publicar en castelán para Galicia.
O resto da historia está por escribir… E iso encántanos.



Ilustración de Luz Beloso para "O cullarapo Croque"





Viewing all articles
Browse latest Browse all 1127

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú