Quantcast
Channel: Versos e Aloumiños
Viewing all articles
Browse latest Browse all 1127

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (XV) Alicia Borrás

$
0
0




  
ALICIA BORRÁS  (Vigo, nun ano indeterminado e marabilloso.)



 TEÑO pelos coma os monos
   e teño o nariz mollado,
    teño oído de morcego
  e tamén che teño rabo.

Son alegre, bulebule,
Alicia Borrás
e un amigo de verdade;
pero sufro coma a xente
co maltrato e a crueldade.

Aínda non sabes quen son?
 Dareiche unha pista clara:
   se ti me dás unha aperta,
   eu lámboche a cara.




***********************



LÉVASME ás veces contigo,
    moi preto da túa man
e, aínda que levo correa,
non  penses que son un can.

Tampouco che son as luvas,
nin sequera unha vendaxe,
     e non vaias pensar
que son unha tatuaxe.

     Lévoche dúas agullas,
     pero non das de coser;
e se as miras ben miradas,
     saberás a hora que é.



**********************


SON moi brando, pegañento
e fácil de mastigar.
Morde en min todo o que queiras,
pero ollo con me tragar!

Veño con moitos sabores
coma se fose un xeado…
Aínda non sabes quen son?
Pois agora o terás claro.

Se saio da túa boca
para  acabar nalgún sofá,
é case seguro
que túa nai vai berrar.

                                      


                                                (Do libro Quen son?, editado pola Editorial Galaxia, 2006)

Viewing all articles
Browse latest Browse all 1127

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú