CHUS PATO (Ourense, 1955)
FIGURA
Porque unha folla trae canda si todas
as caídas
todas as masas arbóreas todas as criaturas
todas as materias
desde o principio
e antes do principio
dos tempos
caídas interminablemente desaparecidas
sobre as tumbas
sobre a respiración da Terra
unha nutrición
disparada
pero o abismo
a folla figura e borra
para volver
á augas á luz
á vibración das súas eclipses
VONTADE (3)
Quen cruza a silva e volve
non da razón
soña sobre a voz
e sobre a voz
acorda
DIÁLOGO
“na lingua das bestas
señor
nesa lingua
escribo”
(Do libro Carne de Leviatán, editado pola Editorial Galaxia, 2013)